BNG-CEDEIRA

 
  • Aumentar fonte
  • Fonte predeterminada
  • Disminuir fonte
PORTADA

RECLAMAMOS A RETIRADA DO DECRETAZO CONTRA O GALEGO

E-mail Imprimir PDF
RECLAMAMOS A RETIRADA DO DECRETAZO CONTRA O GALEGO

máis info en www.queremosgalego.org

A plataforma Queremos Galego, constituída por case 700 entidades do máis diferente tipo, chama a sociedade a unha mobilización constante até a retirada deste decretazo contra a lingua galega.

Rexeitamos o decretazo presentado polo goberno de Alberto Núñez Feijóo polos seguintes motivos:

   1. Porque non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego.

   2. Porque as nenas e os nenos das cidades e principais vilas non terán ningún contacto co galego até cumpriren os seis anos. Toda a escolarización en educación infantil será na chamada “lingua materna” maioritaria das familias.

   3. Porque é unha proposta feita de costas á sociedade galega. Non coñecemos outro goberno democrático do mundo que conte cun rexeitamento unánime a unha reforma educativa e que siga adiante a pesar de ter en fronte a todos os sindicatos, todas as asociacións estudantís e –excepto unha- todas as asociacións de nais e pais.

   4. Porque aplicar este decretazo vai supor enfrontamentos nos centros. A Xunta fai deixamento das súas funcións e traslada o problema ao profesorado, ao estudantado e ás familias, que serán parcialmente consultadas.

   5. Porque estas consultas parciais ás familias son pura propaganda da Xunta, pois en infantil preguntarase pola lingua familiar para que o ensino só se imparta no idioma da maioría e en primaria preguntarase cada catro anos por cal bloque de materias se pode impartir en galego. Neste disparatado deseño non se tiveron presentes nin criterios pedagóxicos nin o dereito a unha educación en igualdade.
Actualizado ( Martes, 16 de Marzo de 2010 12:25 ) Ler máis...
 

Artigo de Carlos Salgado

E-mail Imprimir PDF
Carlos Salgado*
Física e Matemáticas tamén en galego
Para entrar directamente no tema: cal é o esquema mental de quen pensa que non se pode ensinar Fisica e Matematicas en galego? Por que no decreto do galego son estas as asignaturas que hai que dar en castelán? E sobre todo: por que o castelán é máis adecuado?? Doulle voltas a cabeza e non lle atopo resposta. A dificultade das materias máis abstractas non está na lingua que se utiliza para transmitilas, senon nas técnicas, nas capacidades e nos medios de quen as imparte. Un teorema é o mesmo obxecto matemático e require das mesmas destrezas mentais en todas as linguas do mundo. As leis do electromagnetismo tamén.
Somos moitos os que tratamos de dar normalidade ao uso do galego na ciencia: se fixen a miña tese doutoral (en Física de Partículas) en galego non é por reivindicar nada, é por normalidade; se dou clases na Facultade de Fisica en galego é tamén por normalidade; se discuto cos meus colaboradores da nosa investigación en galego (ou inglés, ou francés, ou español ou italiano) é só por normalidade! Que anormalidade é a de decidir que o galego non é para as Matemáticas ou a Física? Por que xusto estas materias?.
No fondo, este esquema mental ten moito de provinciano e despreciativo das propias capacidades. Quen pensa que a Física ou as Matemáticas non se poden ensinar en galego está pensando tamén que un galego non pode aportar nada a esas disciplinas científicas. É similar ao esquema mental imperante, aínda que cada vez menos, no mundo anglosaxón de desprezo polas capacidades científicas dos países latinos, en particular. E é deprimente que este sexa o esquema mental dos responsables da política educativa (e tamén, en parte da científica) deste país. A ciencia transmitese actualmente en inglés (non en español, por certo) mais a capacidade creativa non ten fronteiras idiomáticas. A normalidade no ensino da Física e das Matemáticas, dúas materias con moitas eivas, vai exactamente na dirección contraria. Este é un tiro no pé.

*Naceu en Monforte de Lemos en 1971. Doutorado en Fisica de Particulas na USC e dez anos de investigador no extranxeiro, na Universite de Paris XI, no CERN en Xenebra e na Universita di Roma "La Sapienza". Actualmente está no programa Ramón y Cajal na USC desenvolvendo investigación de relevancia para o colisionador LHC do CERN
Actualizado ( Martes, 16 de Marzo de 2010 12:21 )
 

Mobilizacións contra o Decretazo

E-mail Imprimir PDF

Hoxe luns hai convocadas en todo País novas mobilizacións contra o Decretazo. Cómpre que todas e todos as respaldemos coa nosa presenza estas concentracións, amosando un rexeitamento masivo a este anteproxecto que o PP quere instaurar no ensino en contra do noso idioma e en contra de Galiza. Estas concentracións convocadas pola Plataforma Queremos Galego levaranse a cabo nas seguintes comarcas e localidades:

  • Santiago de Compostela: ás 20 horas na Praza do Toural
  • Vigo: ás 20 horas na Rúa do Príncipe (diante do MARCO)
  • A Coruña: ás 20 horas na Praza de Pontevedra (diante do instituto)
  • Ourense: ás 20 horas na Avenida da Habana (diante do edificio administrativo da Xunta)
  • Lugo: ás 20 horas na Rolda da Muralla (diante do edificio administrativo da Xunta)
  • Pontevedra: ás 20 horas na Praza da Peregrina
  • Ferrol: ás 20 horas na Praza de España (diante do edificio administrativo da Xunta)
  • Vilagarcía de Arousa: ás 20 horas na Praza de Galiza
  • Noia: ás 20 horas diante do Concello
  • A Pobra do Caramiñal (para toda a Barbanza): ás 20.30 no Cantón da Leña
  • Foz: ás 20 horas diante do Concello
  • Carballo: ás 20 horas diante do Concello
  • A Estrada: ás 20 horas na Praza do Concello
Actualizado ( Luns, 15 de Marzo de 2010 14:59 )
 

Axenda

E-mail Imprimir PDF
Actos:

O portavoz nacional, Guillerme Vázquez, realizará a comezos das vindeira semana unha visita a Catalunya.

Así, o luns impartirá unha conferencia titulada “A nación galega nun Estado plurinacional” ás 19:30 horas na galería Sargadelos de Barcelona, organizada polas fundacións Galiza Sempre e Irla.

Na xornada do martes, manterá un encontro coa Executiva de Esquerra Republicana de Catalunya, encabezada por Joan Puigcercós, logo realizará unha visita institucional ao Parlament de Catalunya, onde compartirá un xantar con consellers nacionalistas, e xa ás 17:30 será recibido por unha delegación galega en Catalunya.

De volta en Galiza, o mércores participará nun acto público en Vigo para presentar as alternativas do BNG fronte a crise económica. Será ás 20:00 horas no Verbum-Casa das Palabras de Vigo.

Web do BNG :

En www.bng-galiza.org dáse conta da posición do BNG sobre a “vía morta” que supón a negociación entre a Xunta e o Goberno central en relación ás caixas de aforro. Infórmase tamén da xuntanza organizada na Coruña con representantes sociais e empresariais da cidade para adherirse ao manifesto Galiza ten Dereito.
 
Ofrécese información, ademais, do encontro mantido por membros das directivas do BNG e da Real Academia Galega, así como das iniciativas presentadas no Senado para conseguir un financiamento estábel para esta institución con cargo aos Orzamentos do Estado.

Dáse conta tamén da visita realizada ás zonas afectadas polo temporal na comarca da Limia, onde o portavoz nacional realizou un percorrido para comprobar a situación das veigas de cereal asolagadas e dos danos causados en naves agrícolas.

Axenda parlamentar :

O Pleno do Parlamento galego, previsto para o martes 16 de marzo a partir das 10:00 horas, terá como punto único o Debate anual de política xeral.

A Comisión VII de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes celebrarase o xoves a partir das 16:30 horas, na que a deputada Tereixa Paz preguntará pola orde dos proxectos dinamizadores para 2010 e sobre a posíbel venda da fábrica de Puleva en Nadela (Lugo). Presentará, así mesmo, unha proposición non de Lei ante a Comisión sobre o atraso na sinatura do convenio marco para a modernización dos regadíos da Limia.

Cómpre ter en conta que estas son as previsións que coñecemos no feche deste BNG Informa, pois algunhas das ordes do día se deciden os luns e, polo tanto, pode que a axenda parlamentar do BNG sexa aínda máis ampla.

No Congreso dos Deputados

O mércores 17 de marzo, no Pleno do Congreso, Francisco Jorquera interpelará ao Goberno sobre a súa posición á hora de preservar a natureza social e o vínculo territorial das caixas de aforros. A partir das 09:30 horas.

Tamén o mércores, Olaia Fernández Davila preguntaralle ao Goberno sobre a evolución dos prezos do leite en orixe dende os acordos de xullo de 2009 entre industrias, gandeiros e Goberno. Na Comisión de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño a partir das 17:00 horas.

Axenda mediática :

A vindeira semana pódese destacar a presenza na Ser do deputado Bieito Lobeira o luns ás 19.30 horas; na tertulia de Radio Voz estará o deputado Francisco Jorquera o xoves ás 8.30; e na Ser o alcalde de Teo, Martiño Noriega, o venres ás 19:30.
Actualizado ( Venres, 12 de Marzo de 2010 21:35 )
 

Sector Naval

E-mail Imprimir PDF

O vindeiro Xoves dia 11 ás 8 da tarde está prevista a celebración dunha mesa redonda sobre o sector naval, na Escola Politécnica de SERANTES, na que van participar representantes do BNG, PSOE e PP e tamén de RUMBO 21. En representación do BNG vai intervir o noso portavoz do Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera.

 

Desde o Consello Comarcal considermos importante a asistencia e participación da militancia do BNG neste acto, así como noutros que se desenvolverán previamente á mobilización do 27 de Marzo, convocada desde Rumbo 21. A implicación da militancia e simpatizantes neste tipo de actos, ao marxe de apoio ás posicións que sobre o tema mantén a nosa organización; é tamén un xeito de implicación activa para conseguirmos o maior nível de participación na devandita mobilización.

Actualizado ( Mércores, 10 de Marzo de 2010 18:13 )
 


Páxina 1 de PAGE 8

Enquisas

RUTA DOS PEIRAOS

Anuncios

Featured Links:
Cafe Bar A MARINA
novas locais,foros politicos
DIARIO DE CEDEIRA
novas de cedeira e comarca
AV_Agra do Orzan
asociación veciñal
BNG-GALIZA
paxina oficial do bng

NovasFlash

UN POUCO DE CORDURA
Carlos Manuel Callón Torres
 
Hai unha liña da sociolingüística en Galiza que está a fomentar a idea de que o idioma galego está nun momento espléndido, para nada padecendo un ataque especial nin unha situación de emerxencia. Os principais valedores deste discurso son persoas que tiveron ou teñen altos cargos en gobernos do PP, como é o caso actual de Anxo Lorenzo ou o foi de Mauro Fernández. Tanto optimismo non se basea, porén, en ningún estudo que manteña un mínimo de rigor e credibilidade e tampouco ten constatación empírica na realidade.

É criticábel que o Consello da Cultura Galega (CCG) contribúa a divulgar esta propaganda inverosímil, organizando seminarios que na súa proxección pública parece que teñen como finalidade o que Manuel Fraga chamou a pax lingüística: aquí non pasa nada, o galego vai moi ben, así que non protestedes e deixade que vaia morrendo docemente. Resulta chocante que, na situación actual, o CCG non teña mellor ocorrencia que enviar un comunicado aos medios no que nos quere vender que "o galego é a lingua maioritaria" de Galiza. Negan o evidente e contribúen á narcotización do problema.

Se non se parte dos síntomas, non se poderá detectar a doenza nin pórlle remedio. O que nos din todas as pesquisas é que o idioma galego sofre unha caída en picado na transmisión entre xeracións, que en dez anos se duplicou o número de persoas que declaran non falar nunca en galego, que é residual na xente nova das cidades e que está ausente dos grupos e espazos sociais que marcan o futuro. Esta situación non é irreversíbel, pois hai posibilidades reais de rectificarmos, mais para iso hai que partir do real.